31 de agosto do 2007 publicado por
ocruceirodemea
Arquivado en Adhesións, Peche no Concello |
Sen comentarios »
28 de agosto do 2007 publicado por
ocruceirodemea
Arquivado en Adhesións, Peche no Concello |
Sen comentarios »
27 de agosto do 2007 publicado por
ocruceirodemea
Arquivado en Adhesións, Peche no Concello |
Sen comentarios »
27 de agosto do 2007 publicado por
ocruceirodemea
Arquivado en Sen clasificar |
1 Comentario »
24 de agosto do 2007 publicado por
ocruceirodemea

Preto de 800 persoas xuntáronse na marcha camiñando que partiu do peirao de Ferrol ás 16:00 horas e concluíu frente ao Concello de Mugardos darredor das 20:15 horas, onde se atopan pechados os veciños dende fai xa 33 días. Diante do concello coreáronse berros como "A ría é nosa e non de Reganosa", "Planta de gas fora da ría", "Reganosa, ilegal e perigosa"...
Unha vez rematada a marcha a presidenta da Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá, Luz Marina Torrente, dedicou unhas palabras de agradecimento e ánimo aos participantes que, en todo momento de xeito ordeado e pacífico, realizaron a marcha a pe.
Mañá sábado 25 de agosto está previsto que unha representación dos veciños pechados no concello de Mugardos de desplacen ata A Fonsagrada para facer patente diante do Presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, o seu rexeitamento á construcción da planta de gas de Reganosa no interior da ría de Ferrol.O autobús sairá do concello de Mugardos arredor das 9:00 horas do sábado.
O luns día 27 de agosto actuará na praza do concello de Mugardos Faltriqueira, de Pontedeume, ás 19:30 horas.
O martes 28 de agosto, ás 19:30 horas, realizarase un recital de poesía no que participarán Fernán Vello, Eva Veiga, Rosa Méndez e Xosé Leira.
Arquivado en Adhesións, Peche no Concello |
Sen comentarios »
23 de agosto do 2007 publicado por
ocruceirodemea
Arquivado en Adhesións, Peche no Concello |
Sen comentarios »
22 de agosto do 2007 publicado por
ocruceirodemea

Mañá día 23 de agosto cúmplese un mes do peche no Concello de Mugardos por parte dos veciños de Meá, e seguimos sen ter contestación ás peticións de entrevistas realizadas ao Presidente da Xunta de Galicia, ao Director Xeral de Política Enerxética e ao Ministro de Industria, Turismo y Comercio. Polo tanto, seguimos á espera de que esas entrevistas se nos concedan para explicar a nosa posición sobre as medidas contempladas nas diferentes autorizacións, constructivas e administrativas, que son de imposible cumplimento por parte de Reganosa, e para lembrar que existe unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que indica a obrigatoriedade de realizar un Estudo de Impacto Ambiental, e non de efectos ambientais como se realizou. Esta sentenza, lembrarán, é do ano 2006, e atópase recurrida pola Xunta de Galicia e Reganosa.
Perante esta falta de resposta por parte das administracións, a Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá organizou unha marcha á Fonsagrada para o sábado día 25, con motivo da visita ao lugar do Presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, para, deste xeito, amosar a nosa repulsa á construcción da planta de gas no interior da ría de Ferrol.
Queremos informarlles de que a día de hoxe, 22 de agosto, visitounos e amosaron a súa solidariedade e apoio o presidente da Plataforma para a Defensa da Ría de Pontevedra Antón Masa.

Continuando coas actividades culturais e artísticas que seguimos levando a cabo tamén actuou no díai de hoxe Fran Rey (teclados) xunto con Julie Guravich (cantante). Destacar que todas estas actuacións son realizadas de xeito desinteresado por parte dos artistas que acoden, amosando desta maneira o seu apoio e solidariedade.
Noutra orde de cousas, anunciarlles tamén que o vindeiro venres 24 de agosto ás 16:00 horas, partirá unha marcha a pe dende o peirao de Ferrol ata o concello de Mugardos (17 Km. aprox.), organizada polo Comité Cidadán de Emerxencia, como acto de rexeitamento ás instalacións de Reganosa no interior da ría e en apoio e solidariedade cos veciños pechados no Concello de Mugardos pola devandita causa.
Arquivado en Adhesións, Peche no Concello |
Sen comentarios »
21 de agosto do 2007 publicado por
ocruceirodemea

A Plataforma de Vecinos de Meá, como representante dos/as veciños/as pechados/as no Concello de Mugardos, dende o día 23 de xullo, á espera de que o Presidente da Xunta de Galicia, o Ministro de Industria e o Director Xeral de Política Enerxética, nos concedan as entrevistas solicitadas, queremos comunicar que a día de hoxe 21 de agosto, denunciamos na comandancia da Garda Civil de Mugardos, que entre as 02:00 h. e as 06:00 h. da madrugada do luns un axente da Policía Local procedeu á retirada do mural alegórico á instalación da Planta de Gas Natural Licuado en Mugardos por orde da Alcaldía. O citado mural fora colocado na fachada do Concello na maña do día 19 de agosto, tras a finalización dunha concentración de protesta contra a citada instalación.
Esta retirada do mural produciuse tra-lo fracaso do Alcalde para impedir que a concentración puidera celebrarse, distorsionando totalmente o contido pacífico da protesta frente ó Subdelegado do Goberno, que finalmente concedeu a autorización facendo oídos xordos á petición da Alcaldía de que non fora autorizada argumentando todo tipo de mentiras.
Noutra orde de cousas, comunicar que a veciñanza pechada no Concello doará sangue, maña,durante a visita que a unidade móvil do centro de transfusión realizará manán día 22 en Mugardos. Igualmente o mércoles 22 ás 20:00 h. terá lugar unha nova actuación no parque anexo ó Concello, en mostra de solidariedade con nós, esta vez será Fran Rey e Julie Guravich.

Seguindo coas actividades que levamos a cabo os veciños de Meá, comunicámosvos que hoxe pola mañá recibimos a visita de Xulio Abelleira, Secretario comarcal de CCOO, quen mostrou a súa solidariedade e apoio cos veciños pechados no concello de Mugardos, comprometéndose a participar na marcha a pé do próximo venres dia 24 de Agosto que sairá ás 16:00 horas dende o peirao de Ferrol para rematar na casa do concello de Mugardos.
Agradecemos tamén ó escritor e xornalista polifacético Liño Braxe, o seu comprometido artigo a prol da loita que os veciños estamos a levar.
Arquivado en Adhesións, Peche no Concello |
1 Comentario »
18 de agosto do 2007 publicado por
ocruceirodemea
Arquivado en Adhesións, Peche no Concello |
1 Comentario »
16 de agosto do 2007 publicado por
ocruceirodemea
Arquivado en Denuncia, Peche no Concello |
Sen comentarios »