Día 36: Adhesión da Sociedade Galega de Historia Natural e Faltriqueira

27 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

Faltriqueira

O luns día 27 de agosto ás 12:00 horas, os veciños pechados no Concello de Mugardos recibiron a visita do Presidente e Vicepresidente da Sociedade Galega de Historia Natural, como acto de apoio e solidariedade. Esa mesma tarde ás 20:00 horas, na praza do concello de Mugardos actuou o grupo Faltriqueira, de Pontedeume. O grupo amosou en todo momento gran entusiasmo e interese en poder participar e achegar o seu graíño de area na loita que a plataforma de veciños O Cruceiro de Meá estamos mantendo contra a localización de Reganosa no interior da ría ferrolá.

Mañá martes 28 de agosto ás 19:30 horas, actuarán, nun recital de poesía, na mesma praza de Mugardos: Fernán Vello, Eva Veiga, Rosa Méndez e Pepe Leira.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Sen comentarios »

Mudámonos

27 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

Problemas técnicos co anterior servizo blog leváronnos a trasladarnos a esta nova dirección. Desculpade o período de inactividade.

Chuzame! chuzame -

Arquivado en Sen clasificar | 1 Comentario »