Día 24: Adhesión de Xosé Manuel Beiras
15 de agosto do 2007 publicado por
ocruceirodemea

chúzame - Arquivado en Adhesións, Peche no Concello |
Sen comentarios »
15 de agosto do 2007 publicado por
ocruceirodemea

chúzame - Arquivado en Adhesións, Peche no Concello |
Sen comentarios »
11 de agosto do 2007 publicado por
ocruceirodemea

Despois de 20 días de peche no Concello de Mugardos por parte dos vecinos de Mea, seguimos sin ter contestación ás peticións de entrevistas realizadas ó Presidente da Xunta de Galicia, ó Director Xeral de Política Enerxética e ó Ministro de Industria, Turismo e Comercio. Polo tanto, seguimos á espera de que esas entrevistas nos sexan concedidas para explicar a nosa posición sobre as medidas contempladas nas diferentes autorizacións, constructivas e administrativas, que son de imposible cumplimento por parte de Reganosa, e para recordar que existe unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que indica a obligatoriedade de realizar un estudio de impacto ambiental, e non de efectos ambientais como se realizou. Esta sentencia, lembraredes, é do ano 2006, encontrándose recurrida pola Xunta de Galicia e de Reganosa.
No día de hoxe, seguimos recibindo mostras de solidariedade entre elas a do profesor da Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Taibo, de Greenpeace España e de Lino Braxe, artista, que compartiu peche cos veciños de Meá, entre outras a nivel individual e colectivo.
No día de hoxe tamén decidimos enviar unha carta á ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, para lembrarlle as súas palabras pronunciadas en Fene, donde se comprometía a que ningunha planta de gas se instalase sen un estudio de impacto ambiental. Entendemos que xa chegou a hora de que cumpla as súas palabras, e polo tanto non permita a autorización definitiva da planta de gas sen un estudo previo de impacto ambiental.
O dia 11 de agosto ás 21:00 horas, virá o equipo de TVE «España Directo» a gravar o peche dos veciños no concello de Mugardos.
chúzame - Arquivado en Adhesións, Peche no Concello |
Sen comentarios »
10 de agosto do 2007 publicado por
ocruceirodemea

chúzame - Arquivado en Adhesións, Peche no Concello |
Sen comentarios »
8 de agosto do 2007 publicado por
ocruceirodemea

chúzame - Arquivado en Adhesións, Peche no Concello |
Sen comentarios »
6 de agosto do 2007 publicado por
ocruceirodemea
"Dende a sala NASA de Santiago de Compostela queremosvos enviar o noso apoio e ánimos para continuar nesa loita contra a planta de gas que se instalou a carón das vosas casas e a prol dunha vida digna nun territorio feito a medida da vida humana e por un medio ambiente limpo e equilibrado. Aínda que manteñamos desde a distancia o seguimento de todas as accións emprendidas polas xentes de Ferrolterra, o tema de Reganosa salfire tamén as actividades dun teatro como a NASA e na última Ultranoite (un cabaré colectivo que facemos cada dous-tres meses) celebrada en xuño houbo referencias ao tema nalgúns dos números presentados. Pois iso, ánimo e adiante. Un saúdo de toda a tripulación da sala NASA."
"Desde o colectivo Salvemos Monteferro de Nigrán queremos amosarvos a nosa solidariedade e apoio na vosa loita. Con data de hoxe remitimos escritos a distintos medios de comunicación e institucións implicadas na instalación de Reganosa. Recibide unha forte aperta e todo o noso ánimo e admiración pola vosa resistencia. Planta de gas fora da Ría!!!"
chúzame - Arquivado en Adhesións, Peche no Concello |
Sen comentarios »
4 de agosto do 2007 publicado por
ocruceirodemea

Os veciños de Meá que continuamos pechados no Concello de Mugardos, contrarios á ubicación da planta de gas de Reganosa, recibimos o día 4 de agosto con entusiasmo a visita e adhesión dos cantautores João Afonso e Luis Pastor, que interpretaron unha cantiga dun poema de Saramago.
O martes 7 de agosto recibiremos a Pepe Constenla, que actuará na Praza do Concello ás 22:00 horas, amosando así a súa adhesión á loita que manteñen os veciños pechados contra Reganosa.
Tamén recibimos a solidariedade de Lola Alejos, presidenta da agrupación socialista de Mugardos, así coma do seu fillo Xoán Rubia. Patricia Gabeiras sumouse tamén a ditas mostras de solidariedade.
chúzame - Arquivado en Adhesións, Peche no Concello |
Sen comentarios »
Azurio ported to Wordpress by KTalks.com Originally developed by Luvion.