Viaxe a Ribadavia en solidariedade co foro social «Temos dereito a saber»
13 de setembro do 2007 publicado por
ocruceirodemea
Un numeroso grupo de veciños pechados no Concello de Mugardos dende o día 23 de xullo acudiremos o vindeiro sábado día 15 de setembro ás 18:00 horas a Ribadavia. O motivo desta viaxe é amosar a nosa adhesión aos veciños do foro social «Temos dereito a saber» de Rivadabia, quen nos convidaron, coñecedores da nosa problemática, nos seguintes termos:
"O foro social «Temos dereito a saber» prégalle a súa asistencia á manifestación que se celebrará o vindeiro día 15 de setembro ás 18:30 horas en Ribadavia.
O motivo da mesma é o noso rexeitamento á ubicación en Carballeda de Avia da maior planta de lixo de Galicia.
A manifestación sairá ás 18:30 do instituto, percorrendo as rúas da vila ata chegar á praza maior, onde se lerá un manifesto.
Para máis información entrade na nosa páxina web www.espacioblog.com/avia."
Nin que dicir ten que a unión de asociacións, como de foros e tódolos colectivos, así como persoas independentes que poidan adherirse á devandita manifestación, fará que os nosos amigos de Ribadavia teñan un maior apoio e unha demostración de unidade popular, imprescindible para que a súa loita sexa máis efectiva.
Desde a nosa plataforma de veciños O Cruceiro de Meá, invitamos en nome de deles a todos e a todas a acudir a Ribadavia o sábado 15 de setembro ás 18:30.
Agradecervos de antemán a vosa participación.
O POBO UNIDO XAMAIS SERÁ VENCIDO.
chúzame - Arquivado en Movimento cívico |