Día 55: Viaxe a Ribadavia
16 de setembro do 2007 publicado por
ocruceirodemea

Nin o calor, nin a distancia, nin as "ausencias" permitiron rebaixar o ánimo dos 5000 manifestantes que onte se reuniron na manifestación de Ribadavia contra o Parque mediambiental dá Carballeda.
Ás 18:30 horas partía a manifestación onde diferentes colectivos, Foro social TEMOS DEREITO A SABER, de Ribadavia (convocantes do evento social), SOS Courel de Lugo, Pola Defensa da Ría de Pontevedra, Comité Cidadán de Emerxencia dá ría de Ferrol e Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá estes últimos pechados dende fai hoxe 55 días no concello de Mugardos e opositores á localización no interior da ría Ferrolá da planta de gas de REGANOSA, lograron elevar o ánimo de unidade popular e de repulsa ás distintas aberracións que o capitalismo desatinado intenta impor nas distintas localidades da Galiza.
Unha vez na praza do concello o presidente do foro social TEMOS DEREITO A SABER, Clodomiro Montero, agradeceu entre outras cousas, a asistencia masiva da poboación así como da dos distintos colectivos que acudiron a devandita manifestación. Acto seguido presentou a unha madriña de luxo, Mabel Rivera, quen, exultante, recordou aos presentes que se sentía manipulada polos señores que están no Goberno a quen se lles enche a boca de sustentabilidade e non saben de que están falando.
Neste ambiente de unidade popular, todas as organizacións alí representadas comprometéronse en acudir á manifestación convocada polo COMITE CIDADÁN DE EMERXENCIA de Ferrol, que o domingo día 30 de setembro, ás 12 do mediodía partirá dende o Peirao da cidade departamental baixo o lema:
"PLANTA DE GAS FORA DA RÍA"
chúzame - Arquivado en Movimento cívico |