Día 59: Sinalización da zona de risco

19 de setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

Reganosa, zona perigosa

Trala publicación do Plan de Emerxencia Exterior e para delimitar o que para a empresa Reganosa é unha zona de alerta de 400 m. (nós seguimos esixindo que se cumpra a Lei que marca 2000 m.), e xa que ningunha administración se molestou en vir a explicar aos veciños afectados o que terían que facer en caso de perigo, cando se comprometera a Directora Xeral de Protección Civil a facelo no mes de agosto, procedemos á colocación de varias pancartas avisando do perigo que supón entrar na devandita zona de alerta, facendo ver que non só afecta a 5 vivendas, como di a empresa.

Hoxe mércores ás 18 horas teremos unha actuación de Magia Divertida.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Denuncia, Peche no Concello |

Escribir comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.