Día 40: Adhesións de Antón Reixa e Gaiteirada

31 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

Antón Reixa e Luz Marina

O día 31 de agosto ás 18:00 horas, visitou aos pechados no concello de Mugardos Antón Reixa, polifacético cantante, escritor e director, quen amosou a súa solidariedade cos veciños que veñen demandando unha solución á problemática localización da planta de gas de REGANOSA no interior da ría ferrolá (punta Promontoiro). Tamén se lle acompañou a Montefaro para que puidese observar en persoa o estreita que é a ría e a dificultade que isto implica para os gaseiros nas manobras tanto de entrada como de saída da mesma.

Gaiteirada

Ese mesmo día ás 18:45 horas actuaron na praza do concello de Mugardos o grupo Gaiteirada, composto por mozos que non querían deixar pasar a súa oportunidade de se solidarizar e apoiar a este colectivo veciñal.

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 40: Adhesións de Antón Reixa e Gaiteirada

Día 37: Adhesión de Pepe Leira, Rosa Méndez e Eva Veiga

28 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

Pepe Leira, Rosa Méndez e Eva Veiga

Os escritores Pepe Leira, Rosa Méndez e Eva Veiga ofrecéronnos hoxe, dende as 19:30 horas, un recital poético onde non faltaron versos de apoio á loita contra a ilegalidade de Reganosa.

O venres 31, entre as 17:00 e as 19:00 horas recibiremos a visita de Antón Reixa, e o domingo 9 ás 20:00  horas contaremos coa presenza do grupo Os Cempés.

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 37: Adhesión de Pepe Leira, Rosa Méndez e Eva Veiga

Día 36: Adhesión da Sociedade Galega de Historia Natural e Faltriqueira

27 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

Faltriqueira

O luns día 27 de agosto ás 12:00 horas, os veciños pechados no Concello de Mugardos recibiron a visita do Presidente e Vicepresidente da Sociedade Galega de Historia Natural, como acto de apoio e solidariedade. Esa mesma tarde ás 20:00 horas, na praza do concello de Mugardos actuou o grupo Faltriqueira, de Pontedeume. O grupo amosou en todo momento gran entusiasmo e interese en poder participar e achegar o seu graíño de area na loita que a plataforma de veciños O Cruceiro de Meá estamos mantendo contra a localización de Reganosa no interior da ría ferrolá.

Mañá martes 28 de agosto ás 19:30 horas, actuarán, nun recital de poesía, na mesma praza de Mugardos: Fernán Vello, Eva Veiga, Rosa Méndez e Pepe Leira.

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 36: Adhesión da Sociedade Galega de Historia Natural e Faltriqueira

Día 33: Marcha cidadá a Mugardos

24 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

Marcha cidadá a Mugardos

Preto de 800 persoas xuntáronse na marcha camiñando que partiu do peirao de Ferrol ás 16:00 horas e concluíu frente ao Concello de Mugardos darredor das 20:15 horas, onde se atopan pechados os veciños dende fai xa 33 días. Diante do concello coreáronse berros como “A ría é nosa e non de Reganosa”, “Planta de gas fora da ría”, “Reganosa, ilegal e perigosa”…

Unha vez rematada a marcha a presidenta da Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá, Luz Marina Torrente, dedicou unhas palabras de agradecimento e ánimo aos participantes que, en todo momento de xeito ordeado e pacífico, realizaron a marcha a pe.

Mañá sábado 25 de agosto está previsto que unha representación dos veciños pechados no concello de Mugardos de desplacen ata A Fonsagrada para facer patente diante do Presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, o seu rexeitamento á construcción da planta de gas de Reganosa no interior da ría de Ferrol.O autobús sairá do concello de Mugardos arredor das 9:00 horas do sábado.

O luns día 27 de agosto actuará na praza do concello de Mugardos Faltriqueira, de Pontedeume, ás 19:30 horas.

O martes 28 de agosto, ás 19:30 horas, realizarase un recital de poesía no que participarán Fernán Vello, Eva Veiga, Rosa Méndez e Xosé Leira.

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 33: Marcha cidadá a Mugardos

Día 32: Adhesión de IU-Cambre

23 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

IU-Cambre

“Dende o Consello Local e o Grupo Municipal de EU-IU de Cambre queremos manifestarvos o noso apoio e solidariedade na loita que vides mantendo en defensa dos intereses dos cidadans da comarca e contra a mole da amenaza permanente de REGANOSA. A vosa loita é exempla, e debería ser a loita de tod@s os ciudadans de Galicia.

Unha aperta, animo e ¡SEMPRE ADIANTE!”

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 32: Adhesión de IU-Cambre

Día 31: Adhesión da Plataforma en Defensa da Ría de Pontevedra, Fran rey e Julie Guravich

22 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

Antón Masa

Mañá día 23 de agosto cúmplese un mes do peche no Concello de Mugardos por parte dos veciños de Meá, e seguimos sen ter contestación ás peticións de entrevistas realizadas ao Presidente da Xunta de Galicia, ao Director Xeral de Política Enerxética e ao Ministro de Industria, Turismo y Comercio. Polo tanto, seguimos á espera de que esas entrevistas se nos concedan para explicar a nosa posición sobre as medidas contempladas nas diferentes autorizacións, constructivas e administrativas, que son de imposible cumplimento por parte de Reganosa, e para lembrar que existe unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que indica a obrigatoriedade de realizar un Estudo de Impacto Ambiental, e non de efectos ambientais como se realizou. Esta sentenza, lembrarán, é do ano 2006, e atópase recurrida pola Xunta de Galicia e Reganosa.

Perante esta falta de resposta por parte das administracións, a Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá organizou unha marcha á Fonsagrada para o sábado día 25, con motivo da visita ao lugar do Presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, para, deste xeito, amosar a nosa repulsa á construcción da planta de gas no interior da ría de Ferrol.

Queremos informarlles de que a día de hoxe, 22 de agosto, visitounos e amosaron a súa solidariedade e apoio o presidente da Plataforma para a Defensa da Ría de Pontevedra Antón Masa.

Julie Guravich

Continuando coas actividades culturais e artísticas que seguimos levando a cabo tamén actuou no díai de hoxe Fran Rey (teclados) xunto con Julie Guravich (cantante). Destacar que todas estas actuacións son realizadas de xeito desinteresado por parte dos artistas que acoden, amosando desta maneira o seu apoio e solidariedade.

Noutra orde de cousas, anunciarlles tamén que o vindeiro venres 24 de agosto ás 16:00 horas, partirá unha marcha a pe dende o peirao de Ferrol ata o concello de Mugardos (17 Km. aprox.), organizada polo Comité Cidadán de Emerxencia, como acto de rexeitamento ás instalacións de Reganosa no interior da ría e en apoio e solidariedade cos veciños pechados no Concello de Mugardos pola devandita causa.

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 31: Adhesión da Plataforma en Defensa da Ría de Pontevedra, Fran rey e Julie Guravich

Día 30: Adhesión de CC.OO. de Ferrolterra

21 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

Mural

A Plataforma de Vecinos de Meá, como representante dos/as veciños/as pechados/as no Concello de Mugardos, dende o día 23 de xullo, á espera de que o Presidente da Xunta de Galicia, o Ministro de Industria e o Director Xeral de Política Enerxética, nos concedan as entrevistas solicitadas, queremos comunicar que a día de hoxe 21 de agosto, denunciamos na comandancia da Garda Civil de Mugardos, que entre as 02:00 h. e as 06:00 h. da madrugada do luns un axente da Policía Local procedeu á retirada do mural alegórico á instalación da Planta de Gas Natural Licuado en Mugardos por orde da Alcaldía. O citado mural fora colocado na fachada do Concello na maña do día 19 de agosto, tras a finalización dunha concentración de protesta contra a citada instalación.

Esta retirada do mural produciuse tra-lo fracaso do Alcalde para impedir que a concentración puidera celebrarse, distorsionando totalmente o contido pacífico da protesta frente ó Subdelegado do Goberno, que finalmente concedeu a autorización facendo oídos xordos á petición da Alcaldía de que non fora autorizada argumentando todo tipo de mentiras.

Noutra orde de cousas, comunicar que a veciñanza pechada no Concello doará sangue, maña,durante a visita que a unidade móvil do centro de transfusión realizará manán día 22 en Mugardos. Igualmente o mércoles 22 ás 20:00 h. terá lugar unha nova actuación no parque anexo ó Concello, en mostra de solidariedade con nós, esta vez será Fran Rey e Julie Guravich.

Xulio Abelleira

Seguindo coas actividades que levamos a cabo os veciños de Meá, comunicámosvos que hoxe pola mañá recibimos a visita de Xulio Abelleira, Secretario comarcal de CCOO, quen mostrou a súa solidariedade e apoio cos veciños pechados no concello de Mugardos, comprometéndose a participar na marcha a pé do próximo venres dia 24 de Agosto que sairá ás 16:00 horas dende o peirao de Ferrol para rematar na casa do concello de Mugardos.

Agradecemos tamén ó escritor e xornalista polifacético Liño Braxe, o seu comprometido artigo a prol da loita que os veciños estamos a levar.

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 30: Adhesión de CC.OO. de Ferrolterra

Día 27: Adhesión de Manuel Rivas, Pedro Llano, a Plataforma para a Defensa da Ría de Vilagarcía e A Revolta de Trasancos

18 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

Xaqu�n Rubido

Os veciños pechados no Concello de Mugardos reciben a visita de apoio e solidariedade do escritor e xornalista Manuel Rivas, o arquitecto Pedro de Llano e o Presidente da Plataforma para a Defensa da Ría de Vilagarcía, Xaquín Rubido.

Todos eles compartiron xantar dentro do Salón de Plenos cos veciños afectados pola planta de gas no interior da ría de Ferrol, a quen dedicaron unhas palabras de ánimo.

Manuel Rivas

O escritor dedicou no mural, que están construíndo os pechados, a seguinte frase: “Mugardos hoxe é o fogar da dignidade contra a violencia catastral, o capitalismo impaciente e a cobiza. ¡Benvidos días de futuro!: a decepción é finita, a esperanza é infinita.

A Revolta de Trasancos

A seguir actuou na praza do Concello o grupo A Revolta de Trasancos.

Tamén se lle enviou un correo ao Presidente Zapatero, coincidindo coa súa próxima visita á Fonsagrada, convidándoo a unha entrevista cos afectados no Concello de Mugardos.

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 27: Adhesión de Manuel Rivas, Pedro Llano, a Plataforma para a Defensa da Ría de Vilagarcía e A Revolta de Trasancos

Día 24: Adhesión de Xosé Manuel Beiras

15 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

Xosé Manuel Beiras

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 24: Adhesión de Xosé Manuel Beiras

Día 20: Adhesión de Carlos Taibo, Greenpeace España e Lino Braxe; carta a Cristina Narbona

11 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

Lino Braxe

Despois de 20 días de peche no Concello de Mugardos por parte dos vecinos de Mea, seguimos sin ter contestación ás peticións de entrevistas realizadas ó Presidente da Xunta de Galicia, ó Director Xeral de Política Enerxética e ó Ministro de Industria, Turismo e Comercio. Polo tanto, seguimos á espera de que esas entrevistas nos sexan concedidas para explicar a nosa posición sobre as medidas contempladas nas diferentes autorizacións, constructivas e administrativas, que son de imposible cumplimento por parte de Reganosa, e para recordar que existe unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que indica a obligatoriedade de realizar un estudio de impacto ambiental, e non de efectos ambientais como se realizou. Esta sentencia, lembraredes, é do ano 2006, encontrándose recurrida pola Xunta de Galicia e de Reganosa.

No día de hoxe, seguimos recibindo mostras de solidariedade entre elas a do profesor da Universidade Autónoma de Madrid, Carlos Taibo, de Greenpeace España e de Lino Braxe, artista, que compartiu peche cos veciños de Meá, entre outras a nivel individual e colectivo.

No día de hoxe tamén decidimos enviar unha carta á ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, para lembrarlle as súas palabras pronunciadas en Fene, donde se comprometía a que ningunha planta de gas se instalase sen un estudio de impacto ambiental. Entendemos que xa chegou a hora de que cumpla as súas palabras, e polo tanto non permita a autorización definitiva da planta de gas sen un estudo previo de impacto ambiental.

O dia 11 de agosto ás 21:00 horas, virá o equipo de TVE «España Directo» a gravar o peche dos veciños no concello de Mugardos.

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 20: Adhesión de Carlos Taibo, Greenpeace España e Lino Braxe; carta a Cristina Narbona

« Previous Entries Next Entries »