Terceira agresión contra o movimento veciñal

7 de Outubro do 2007 publicado por ocruceirodemea

Pancarta queimada

Na madrugada do día 7 de outubro, sobre as 6:30 horas, descoñecido(s) queimaron a pancarta que os veciños pechados o Concello de Mugardos tiñamos colocada na fachada principal do edificio, onde se indicaba o número de días que desde o 23 de xullo levamos pechados, 75 naquel momento.

A pesares de que os representantes do peche a esa hora nos atopabamos no interior do edificio, os culpables do acto vandálico non dubidaron en poñer en perido as nosas vidas, poidendo provocar queimaduras ou algún problema grave de intoxicación se o lume ou o fume entrasen no local.

Queremos lembrar que esta é xa a terceira agresión que os veciños pechados sufrimos durante a nosa protesta no Concello:

  1. Secuestro do mural por parte do Alcalde.
  2. Explosión dun artefacto no interior dun contedor de vidro, preto das vivendas dos veciños e do local onde habitualmente realizamos as nosas reunións.
  3. Queima da pancarta á que nos referimos neste comunicado.

Unha vez máis denunciamos que nos sentimos perxudicados perante este tipo de grupos de intransixentes que pretende impedir a liberdade de expresión de xente que protestamos cívica e exemplarmente contra a localización da planta de gas no interior da ría de Ferrol de Reganosa.

Significar que no momento de enviar este comunicado xa se presentou a oportuna denuncia por parte da Asociación de Veciños O Cruceiro de Meá.

Significar tamén que aínda non se presentou no Concello de esta localidade nin o Alcalde, Xosé Fernández Barcia, nin ningún outro membro da corporación, ao obxecto e se interesar polos feitos acontecidos.

Aproveitamos tamén para lembrarvos que hoxe, ás 14:00 horas, hai unha concentración caceirolada no peirao de Ferrol como protesta pola entrada do oitavo gaseiro para Reganosa. A continuación unha caravana de vehículos desprazarase dende o peirao de Ferrol ata os tanques de Reganosa (Mugardos), coa chegada prevista para as 15:15 horas.

Arquivado en Denuncia, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Terceira agresión contra o movimento veciñal

Comunicado perante o atentado de hoxe

25 de Setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

A Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá manifesta publicamente a súa máis enérxica condena perante o atentado contra a seguridade dos veciños do Novás – Meá, no Concello de Mugardos, zona afectada pola explosión producida na estrada AC-133, punto quilométrico 9,100 ás 3:10 horas da madrugada do día 25 de setembro de 2007.

Ao mesmo tempo instan aos corpos de seguridade do Estado que están levando a cabo a investigación sobre os feitos, a que poñan o máximo empeño para o pronto esclarecemento dos feitos.

Por outra parte queremos facer saber a tódolos que se sintan mal informados que os grandes perxudicados e ameazados pola explosión do contedor de vidro somos os propios veciños da parroquia de Meá, debido ao achegado tanto das casas habitadas e vehículos particulares, como do local social empregado para reunións por parte da nosa Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá, situada a escasos 30 metros do lugar da explosión.

Arquivado en Denuncia, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Comunicado perante o atentado de hoxe

Día 59: Sinalización da zona de risco

19 de Setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

Reganosa, zona perigosa

Trala publicación do Arquivado en Denuncia, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 59: Sinalización da zona de risco

Día 46: Recurso de súplica perante o Tribunal Superior de Justicia de Madrid

6 de Setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

O 6 de setembro presentouse o recurso de súplica contra a desestimación das medidas cautelares de suspensión da actividade da planta presentado hoxe ante o Tribunal Superior de Justicia de Madrid por parte das asociacións veciñais agrupadas no Comité Cidadán de Emerxencia.

Neste recurso as asociacións veciñais volven a pedir ao Tribunal que suspenda a entrada de buques na ría, xa que dito tráfico supón un perigo claro e directo para a poboación e a vida na ría, sendo estes –a protección da poboación e dos recursos naturais– os intereses xerais que deben ser protexidos de xeito cautelar e prioritario, e non os puramente patrimoniais de Reganosa.

No mesmo senso, as asociacións explican no seu escrito por que a adopción dunha medida como a solicitada tampouco suporá prexuízo algún para o sistema gasista galego ou español, en tanto que este atópase, precisamente por razón da actividade en Reganosa e da súa mala planificación, con problemas para canalizar todo o gas que a planta de Mugardos está inxectando, durante a fase de probas, nunha rede que hoxe por hoxe está saturada.

Como fundamento das súas alegacións as asociacións facilitaron ao TSJ de Madrid o informe da Arquivado en Denuncia, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 46: Recurso de súplica perante o Tribunal Superior de Justicia de Madrid

Día 25: Solidariedade con «El Jueves»

16 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

El Jueves

Os veciños da asociación «O Cruceiro de Meá» solidarizámonos con «El Jueves»

Encetamos un peche indefinido o pasado 23 de xullo no Concello de Mugardos, donde Reganosa constrúe unha planta de gas dentro da ría de Ferrol. O fai incumplindo a lexislación que lle é aplicable (¡¡hai casas habitaas a menos de 100 metros!!), facendo caso omiso aos condicionantes das autorizacións administrativas… e amigos ¡¡isto si que hai que paralo!! pero mentres… o Fiscal General entretendo á Administración de Justicia por un delicto de inxurias a «La Corona» ¿non? Claro, sendo xuíz e parte non van entreterse coa Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria.

¡¡Planta de gas fora da ría!!
¡¡A ría é nosa e non de Reganosa!!

Arquivado en Denuncia, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 25: Solidariedade con «El Jueves»