Presentación do mural «Planta de gas fora da ría» nas Pías (Fene)

28 de Setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

Mural nas P�as

O día 28 de setembro, ás 12:00 horas, procedeuse por parte do Comité Cidadán de Emerxencia á presentación do mural «Planta de gas fora da ría», situado na Avenida das Pías.

Ao acto acudiron varios representantes da Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá, entre os que se atopaba a súa presidenta Luz Marina Torrente, así como outras asociacións veciñais, grupos ecoloxistas e unha representación do Grupo Municipal de EU-Fene.

Arquivado en Movimento cívico | Comentarios desactivados en Presentación do mural «Planta de gas fora da ría» nas Pías (Fene)

Día 55: Viaxe a Ribadavia

16 de Setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

Veciños de Mugardos participando na marcha cidadá en Ribadavia

Nin o calor, nin a distancia, nin as “ausencias” permitiron rebaixar o ánimo dos 5000 manifestantes que onte se reuniron na manifestación de Ribadavia contra o Parque mediambiental dá Carballeda.

Ás 18:30 horas partía a manifestación onde diferentes colectivos, Foro social TEMOS DEREITO A SABER, de Ribadavia (convocantes do evento social), SOS Courel de Lugo, Pola Defensa da Ría de Pontevedra, Comité Cidadán de Emerxencia dá ría de Ferrol e Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá estes últimos pechados dende fai hoxe 55 días no concello de Mugardos e opositores á localización no interior da ría Ferrolá da planta de gas de REGANOSA, lograron elevar o ánimo de unidade popular e de repulsa ás distintas aberracións que o capitalismo desatinado intenta impor nas distintas localidades da Galiza.

Unha vez na praza do concello o presidente do foro social TEMOS DEREITO A SABER, Clodomiro Montero, agradeceu entre outras cousas, a asistencia masiva da poboación así como da dos distintos colectivos que acudiron a devandita manifestación. Acto seguido presentou a unha madriña de luxo, Mabel Rivera, quen, exultante, recordou aos presentes que se sentía manipulada polos señores que están no Goberno a quen se lles enche a boca de sustentabilidade e non saben de que están falando.

Neste ambiente de unidade popular, todas as organizacións alí representadas comprometéronse en acudir á manifestación convocada polo COMITE CIDADÁN DE EMERXENCIA de Ferrol, que o domingo día 30 de setembro, ás 12 do mediodía  partirá dende o Peirao da cidade departamental baixo o lema:

“PLANTA DE GAS FORA DA RÍA”

Arquivado en Movimento cívico | Comentarios desactivados en Día 55: Viaxe a Ribadavia

Viaxe a Ribadavia en solidariedade co foro social «Temos dereito a saber»

13 de Setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

Un numeroso grupo de veciños pechados no Concello de Mugardos dende o día 23 de xullo acudiremos o vindeiro sábado día 15 de setembro ás 18:00 horas a Ribadavia. O motivo desta viaxe é amosar a nosa adhesión aos veciños do foro social «Temos dereito a saber» de Rivadabia, quen nos convidaron, coñecedores da nosa problemática, nos seguintes termos:

“O foro social «Temos dereito a saber» prégalle a súa asistencia á manifestación que se celebrará o vindeiro día 15 de setembro ás 18:30 horas en Ribadavia.

O motivo da mesma é o noso rexeitamento á ubicación en Carballeda de Avia da maior planta de lixo de Galicia.

A manifestación sairá ás 18:30 do instituto, percorrendo as rúas da vila ata chegar á praza maior, onde se lerá un manifesto.

Para máis información entrade na nosa páxina web www.espacioblog.com/avia.”

Nin que dicir ten que a unión de asociacións, como de foros e tódolos colectivos, así como persoas independentes que poidan adherirse á devandita manifestación, fará que os nosos amigos de Ribadavia teñan un maior apoio e unha demostración de unidade popular, imprescindible para que a súa loita sexa máis efectiva.

Desde a nosa plataforma de veciños O Cruceiro de Meá, invitamos en nome de deles a todos e a todas a acudir a Ribadavia o sábado 15 de setembro ás 18:30.

Agradecervos de antemán a vosa participación.

O POBO UNIDO XAMAIS SERÁ VENCIDO.

Arquivado en Movimento cívico | Comentarios desactivados en Viaxe a Ribadavia en solidariedade co foro social «Temos dereito a saber»