Segundo mes de peche

20 de Setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

Segundo mes de peche

O vindeiro 23 de setembro cúmprese o segundo mes consecutivo de peche no concello mugardés por parte dos veciños contrarios á posta en funcionamento da planta de Gas Natural Licuado de REGANOSA, multitude de persoeiros ben coñecidos por todos, mostraron a súa intención de poder colaborar na loita que os veciños están levando a cabo. Entre outros poderemos destacar a actuación o sábado día 22 de setembro de María Manuela acompañada por Xurxo, quen actuarán a partir das 20:00 horas no casa do concello de Mugardos.

O 23 de setembro, a charanga AGRESCA paseará polas rúas da vila desde as 18:30. A continuación, sobre as 19:00 horas, Liño Braxe e Mabel Rivera entre outros, darán lugar a unha lectura dramatizada da obra ACURRADOS de XENARO MARINHAS DEL VALLE.

Ás 20:00 terá lugar a proxección do documental das ENCROVAS A CEO ABERTO, unha loita entre veciños das ENCROVAS e Unión Fenosa. Este documental estará asistido por xente do lugar ademais do seu director XOSÉ BOCIXA.

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Segundo mes de peche

Día 59: Sinalización da zona de risco

19 de Setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

Reganosa, zona perigosa

Trala publicación do Arquivado en Denuncia, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 59: Sinalización da zona de risco

Día 52: Adhesión da Confraría de Pescadores «Santiago Apóstolo» de Barallobre (Fene)

12 de Setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

“Segundo acordo adoptado na reunión da Xunta Xeral de esta Confraría celebrada o pasado 30 de Agosto de 2.007, acordouse entre outras cuestións, manifestar o apoio da Confraría de Barallobre á Asociación de Veciños de Meá (Mugardos) en relación coas actuacións que veñen levando a cabo contra a Planta de Gas situada en Punta Promontoiro.”

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 52: Adhesión da Confraría de Pescadores «Santiago Apóstolo» de Barallobre (Fene)

Día 49: Adhesión do grupo «Os Cempés»

10 de Setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

Os Cempés

Dúas horas dunha brillante actuación por parte do grupo folk Os Cempés, fixeron vibrar ás máis de 200 persoas que se deron cita na praza do concello de Mugardos.

OS CEMPES, que en todo momento fixeron gala dunha grande calidade profesional, amosaron tamén a súa complicidade cos veciños pechados no concello fai xa 7 semanas, en contra da localización da planta de gas de REGANOSA dentro da ría ferrolá.

Así pois, a un grán número de actuacións de todo tipo, tanto grupos musicais, como de teatro, como poetas e un longo etc de profesionais, súmase este lexendario grupo galego que foi un sopro de aire fresco para todas aquelas persoas que acudiron a velos en directo.

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 49: Adhesión do grupo «Os Cempés»

Día 46: Recurso de súplica perante o Tribunal Superior de Justicia de Madrid

6 de Setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

O 6 de setembro presentouse o recurso de súplica contra a desestimación das medidas cautelares de suspensión da actividade da planta presentado hoxe ante o Tribunal Superior de Justicia de Madrid por parte das asociacións veciñais agrupadas no Comité Cidadán de Emerxencia.

Neste recurso as asociacións veciñais volven a pedir ao Tribunal que suspenda a entrada de buques na ría, xa que dito tráfico supón un perigo claro e directo para a poboación e a vida na ría, sendo estes –a protección da poboación e dos recursos naturais– os intereses xerais que deben ser protexidos de xeito cautelar e prioritario, e non os puramente patrimoniais de Reganosa.

No mesmo senso, as asociacións explican no seu escrito por que a adopción dunha medida como a solicitada tampouco suporá prexuízo algún para o sistema gasista galego ou español, en tanto que este atópase, precisamente por razón da actividade en Reganosa e da súa mala planificación, con problemas para canalizar todo o gas que a planta de Mugardos está inxectando, durante a fase de probas, nunha rede que hoxe por hoxe está saturada.

Como fundamento das súas alegacións as asociacións facilitaron ao TSJ de Madrid o informe da Arquivado en Denuncia, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 46: Recurso de súplica perante o Tribunal Superior de Justicia de Madrid

Día 45: Adhesión do Comité de Empresa da FEVE – A Coruña e USTG

5 de Setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

Comité de Empresa da FEVE – A Coruña

“El Comité de Empresa de FEVE, de la provincia de A Coruña, en el pleno del pasado 31 de Agosto hemos acordado por unanimidad el solidarizarnos con los vecinos de Mugardos encerrados en el Concello y comunicarles que tienen nuestro apoyo para solicitar el traslado de la planta de gas de Reganosa fuera de la ria.”

USTG

“Unha delegación encabezada polo Secretario Xeral da USTG, José María Freire, o Secretario Comarcal do Sindicato Gregorio Freire, o Responsable do Departamento da Mocidade Andrés Rodríguez e un representante da Sección Sindical de Navantia Carlos Díaz, visitaron na tarde de onte aos veciños de Meá pechados no Concello de Mugardos para esixir o cumprimento da Lei antes da entrada en funcionamento comercial da Planta de Reganosa.

O Secretario Xeral da USTG mostroulles a solidariedade do Sindicato que ven participando a través do Comité de Emerxencia desde a súa constitución, en tódalas mobilizacións e actuacións encamiñadas en demandar a ubicación da Planta de Gas fora da Ría.

José María Freire, lembrou como a finais dos anos oitenta, a Planta de Gas como contrapartida da Reconversión Naval, íase localizar en Caneliñas por ser a ubicación mais idónea entre varias baralladas. Naquela ocasión si se desenvolvera todo o proceso de acordo coa Lei e a Normativa correspondente. Un Proxecto que ENAGAS deixaría morrer por mor do compromiso para a construcción dunha planta de gas en bilbao, a que chegou o PSOE con o PNV, por mor de obter o seu apoio na investidura do goberno tras as eleccións de outubro de 1989.

O Secretario Xeral da USTG, antes de despedirse, animou aos veciños a continuar coa súa loita que coidou importantísima para a concienciación da cidadanía na defensa da Ría, a súa riqueza, o medio ambiente e a súa propia vida ameazada por Reganosa e que deberá plasmarse na participación na manifestación do vindeiro día 30 de setembro.”

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 45: Adhesión do Comité de Empresa da FEVE – A Coruña e USTG

Día 44: Resultado da xuntanza co Director General de Política Energética y Minas

4 de Setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

Logo de 43 días de peche unha representación da Asociación de Veciños «O Cruceiro de Meá» foi recibida polos máximos responsables da Dirección General de Política Energética y Minas do Ministerio de Industria.

Os responsables do Ministerio amosáronse realmente receptivos á información facilitada pola asociación en relación co grande número de irregularidades cometidas no procedemento de outorgamento das sucesivas autorizacións que, de xeito fraudulento, veu obtendo Reganosa, e comprometéronse a estudar a posibilidade de volver a solicitar informe a tódolos organismos substantivamente competentes –e que no seu día informaron a favor da planta, sempre que se cumprisen determinadas condicións– para que, con carácter previo ao outorgamento do permiso de posta en funcionamento, se pronuncien sobre si, efectivamente, a planta construída é respectuosa cos requirimentos que se lle impuxeron. Temos que lembrar que a autorización de construción da planta condicionouse, entre outras cuestións, a que se respectasen as distancias de seguridade aos núcleos de poboación e que aos buques, en caso de emerxencia, puidesen abandonar a ría á maior brevidade e polos seus propios medios.

Asemade, os responsables do Ministerio de Industria aceptaron elevar a solicitude da asociación de ser recibidos, ben polo Secretario General de Energía, ben polo propio Ministro, Sr. Clos. Neste senso, desde a asociación informouse da decisión adoptada de xeito unánime polos veciños de continuar co peche en tanto non se produzan estes encontros.

Arquivado en Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 44: Resultado da xuntanza co Director General de Política Energética y Minas

Día 41: Primeira entrevista conseguida: Dirección General de Política Energética y Minas

1 de Setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

Logo de 41 días de peche no Concello de Mugardos por parte dos veciño s de Meá, conseguimos que se nos conceda unha entrevista coa Dirección General de Política Energética y Minas o día 4 de setembro ás 12:00 horas, en Madrid. Á devandita xuntanza asistirán por parte deste colectivo a presidenta Luz Marina Torrente López, acompañada por outro membro da plataforma veciñal e asistidos pola avogada Patricia Gabeiras.

Esta é unha das tres entrevistas que os veciños pechados solicitamos formalmente para impedir que se conceda a autorización de funcionamento da planta de gas de Reganosa.

Consideramos que esta entrevista é moi importante debido a que este organismo foi o que concedeu a Autorización Administrativa previa o 3 de xuño de 2002 e a autorización de construción o 13 de febreiro de 2004. Ámbalas autorizacións están condicionadas ao cumprimento de determinados condicionantes imposibles de cumprir tais como:

  • Distancias á poboación, esixidas tanto pola Lei SEVESO II como polo RAMINP.
  • Cumprimento da norma UNE-EN 1532, sobre tráfico de buques gaseiros, a cal require que o buque poida saír axiña e polos seus propios medios en caso de accidente durante a descarga.
  • Tamén se esixe que o circuíto de refrixeración do gas sexa pechado.
  • Que a Autoridade Portuaria remita un informe técnico sobre o dragado da ría.

Entendemos que o devandito organismo foi quen puxo estes condicionantes e debe ser el mesmo quen asegure o seu cumprimento.

Arquivado en Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 41: Primeira entrevista conseguida: Dirección General de Política Energética y Minas

Día 40: Adhesións de Antón Reixa e Gaiteirada

31 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

Antón Reixa e Luz Marina

O día 31 de agosto ás 18:00 horas, visitou aos pechados no concello de Mugardos Antón Reixa, polifacético cantante, escritor e director, quen amosou a súa solidariedade cos veciños que veñen demandando unha solución á problemática localización da planta de gas de REGANOSA no interior da ría ferrolá (punta Promontoiro). Tamén se lle acompañou a Montefaro para que puidese observar en persoa o estreita que é a ría e a dificultade que isto implica para os gaseiros nas manobras tanto de entrada como de saída da mesma.

Gaiteirada

Ese mesmo día ás 18:45 horas actuaron na praza do concello de Mugardos o grupo Gaiteirada, composto por mozos que non querían deixar pasar a súa oportunidade de se solidarizar e apoiar a este colectivo veciñal.

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 40: Adhesións de Antón Reixa e Gaiteirada

Día 37: Adhesión de Pepe Leira, Rosa Méndez e Eva Veiga

28 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

Pepe Leira, Rosa Méndez e Eva Veiga

Os escritores Pepe Leira, Rosa Méndez e Eva Veiga ofrecéronnos hoxe, dende as 19:30 horas, un recital poético onde non faltaron versos de apoio á loita contra a ilegalidade de Reganosa.

O venres 31, entre as 17:00 e as 19:00 horas recibiremos a visita de Antón Reixa, e o domingo 9 ás 20:00  horas contaremos coa presenza do grupo Os Cempés.

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 37: Adhesión de Pepe Leira, Rosa Méndez e Eva Veiga

« Previous Entries Next Entries »