Día 30: Adhesión de CC.OO. de Ferrolterra

21 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

Mural

A Plataforma de Vecinos de Meá, como representante dos/as veciños/as pechados/as no Concello de Mugardos, dende o día 23 de xullo, á espera de que o Presidente da Xunta de Galicia, o Ministro de Industria e o Director Xeral de Política Enerxética, nos concedan as entrevistas solicitadas, queremos comunicar que a día de hoxe 21 de agosto, denunciamos na comandancia da Garda Civil de Mugardos, que entre as 02:00 h. e as 06:00 h. da madrugada do luns un axente da Policía Local procedeu á retirada do mural alegórico á instalación da Planta de Gas Natural Licuado en Mugardos por orde da Alcaldía. O citado mural fora colocado na fachada do Concello na maña do día 19 de agosto, tras a finalización dunha concentración de protesta contra a citada instalación.

Esta retirada do mural produciuse tra-lo fracaso do Alcalde para impedir que a concentración puidera celebrarse, distorsionando totalmente o contido pacífico da protesta frente ó Subdelegado do Goberno, que finalmente concedeu a autorización facendo oídos xordos á petición da Alcaldía de que non fora autorizada argumentando todo tipo de mentiras.

Noutra orde de cousas, comunicar que a veciñanza pechada no Concello doará sangue, maña,durante a visita que a unidade móvil do centro de transfusión realizará manán día 22 en Mugardos. Igualmente o mércoles 22 ás 20:00 h. terá lugar unha nova actuación no parque anexo ó Concello, en mostra de solidariedade con nós, esta vez será Fran Rey e Julie Guravich.

Xulio Abelleira

Seguindo coas actividades que levamos a cabo os veciños de Meá, comunicámosvos que hoxe pola mañá recibimos a visita de Xulio Abelleira, Secretario comarcal de CCOO, quen mostrou a súa solidariedade e apoio cos veciños pechados no concello de Mugardos, comprometéndose a participar na marcha a pé do próximo venres dia 24 de Agosto que sairá ás 16:00 horas dende o peirao de Ferrol para rematar na casa do concello de Mugardos.

Agradecemos tamén ó escritor e xornalista polifacético Liño Braxe, o seu comprometido artigo a prol da loita que os veciños estamos a levar.

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 30: Adhesión de CC.OO. de Ferrolterra

Os comentarios están pechados.