Día 27: Adhesión de Manuel Rivas, Pedro Llano, a Plataforma para a Defensa da Ría de Vilagarcía e A Revolta de Trasancos

18 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

Xaqu�n Rubido

Os veciños pechados no Concello de Mugardos reciben a visita de apoio e solidariedade do escritor e xornalista Manuel Rivas, o arquitecto Pedro de Llano e o Presidente da Plataforma para a Defensa da Ría de Vilagarcía, Xaquín Rubido.

Todos eles compartiron xantar dentro do Salón de Plenos cos veciños afectados pola planta de gas no interior da ría de Ferrol, a quen dedicaron unhas palabras de ánimo.

Manuel Rivas

O escritor dedicou no mural, que están construíndo os pechados, a seguinte frase: “Mugardos hoxe é o fogar da dignidade contra a violencia catastral, o capitalismo impaciente e a cobiza. ¡Benvidos días de futuro!: a decepción é finita, a esperanza é infinita.

A Revolta de Trasancos

A seguir actuou na praza do Concello o grupo A Revolta de Trasancos.

Tamén se lle enviou un correo ao Presidente Zapatero, coincidindo coa súa próxima visita á Fonsagrada, convidándoo a unha entrevista cos afectados no Concello de Mugardos.

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 27: Adhesión de Manuel Rivas, Pedro Llano, a Plataforma para a Defensa da Ría de Vilagarcía e A Revolta de Trasancos

Os comentarios están pechados.