Día 40: Adhesións de Antón Reixa e Gaiteirada

31 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

Antón Reixa e Luz Marina

O día 31 de agosto ás 18:00 horas, visitou aos pechados no concello de Mugardos Antón Reixa, polifacético cantante, escritor e director, quen amosou a súa solidariedade cos veciños que veñen demandando unha solución á problemática localización da planta de gas de REGANOSA no interior da ría ferrolá (punta Promontoiro). Tamén se lle acompañou a Montefaro para que puidese observar en persoa o estreita que é a ría e a dificultade que isto implica para os gaseiros nas manobras tanto de entrada como de saída da mesma.

Gaiteirada

Ese mesmo día ás 18:45 horas actuaron na praza do concello de Mugardos o grupo Gaiteirada, composto por mozos que non querían deixar pasar a súa oportunidade de se solidarizar e apoiar a este colectivo veciñal.

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 40: Adhesións de Antón Reixa e Gaiteirada

Os comentarios están pechados.