Día 45: Adhesión do Comité de Empresa da FEVE – A Coruña e USTG

5 de Setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

Comité de Empresa da FEVE – A Coruña

“El Comité de Empresa de FEVE, de la provincia de A Coruña, en el pleno del pasado 31 de Agosto hemos acordado por unanimidad el solidarizarnos con los vecinos de Mugardos encerrados en el Concello y comunicarles que tienen nuestro apoyo para solicitar el traslado de la planta de gas de Reganosa fuera de la ria.”

USTG

“Unha delegación encabezada polo Secretario Xeral da USTG, José María Freire, o Secretario Comarcal do Sindicato Gregorio Freire, o Responsable do Departamento da Mocidade Andrés Rodríguez e un representante da Sección Sindical de Navantia Carlos Díaz, visitaron na tarde de onte aos veciños de Meá pechados no Concello de Mugardos para esixir o cumprimento da Lei antes da entrada en funcionamento comercial da Planta de Reganosa.

O Secretario Xeral da USTG mostroulles a solidariedade do Sindicato que ven participando a través do Comité de Emerxencia desde a súa constitución, en tódalas mobilizacións e actuacións encamiñadas en demandar a ubicación da Planta de Gas fora da Ría.

José María Freire, lembrou como a finais dos anos oitenta, a Planta de Gas como contrapartida da Reconversión Naval, íase localizar en Caneliñas por ser a ubicación mais idónea entre varias baralladas. Naquela ocasión si se desenvolvera todo o proceso de acordo coa Lei e a Normativa correspondente. Un Proxecto que ENAGAS deixaría morrer por mor do compromiso para a construcción dunha planta de gas en bilbao, a que chegou o PSOE con o PNV, por mor de obter o seu apoio na investidura do goberno tras as eleccións de outubro de 1989.

O Secretario Xeral da USTG, antes de despedirse, animou aos veciños a continuar coa súa loita que coidou importantísima para a concienciación da cidadanía na defensa da Ría, a súa riqueza, o medio ambiente e a súa propia vida ameazada por Reganosa e que deberá plasmarse na participación na manifestación do vindeiro día 30 de setembro.”

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 45: Adhesión do Comité de Empresa da FEVE – A Coruña e USTG

Os comentarios están pechados.