Día 49: Adhesión do grupo «Os Cempés»

10 de Setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

Os Cempés

Dúas horas dunha brillante actuación por parte do grupo folk Os Cempés, fixeron vibrar ás máis de 200 persoas que se deron cita na praza do concello de Mugardos.

OS CEMPES, que en todo momento fixeron gala dunha grande calidade profesional, amosaron tamén a súa complicidade cos veciños pechados no concello fai xa 7 semanas, en contra da localización da planta de gas de REGANOSA dentro da ría ferrolá.

Así pois, a un grán número de actuacións de todo tipo, tanto grupos musicais, como de teatro, como poetas e un longo etc de profesionais, súmase este lexendario grupo galego que foi un sopro de aire fresco para todas aquelas persoas que acudiron a velos en directo.

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 49: Adhesión do grupo «Os Cempés»

Os comentarios están pechados.