Viaxe a Ribadavia en solidariedade co foro social «Temos dereito a saber»

13 de Setembro do 2007 publicado por ocruceirodemea

Un numeroso grupo de veciños pechados no Concello de Mugardos dende o día 23 de xullo acudiremos o vindeiro sábado día 15 de setembro ás 18:00 horas a Ribadavia. O motivo desta viaxe é amosar a nosa adhesión aos veciños do foro social «Temos dereito a saber» de Rivadabia, quen nos convidaron, coñecedores da nosa problemática, nos seguintes termos:

“O foro social «Temos dereito a saber» prégalle a súa asistencia á manifestación que se celebrará o vindeiro día 15 de setembro ás 18:30 horas en Ribadavia.

O motivo da mesma é o noso rexeitamento á ubicación en Carballeda de Avia da maior planta de lixo de Galicia.

A manifestación sairá ás 18:30 do instituto, percorrendo as rúas da vila ata chegar á praza maior, onde se lerá un manifesto.

Para máis información entrade na nosa páxina web www.espacioblog.com/avia.”

Nin que dicir ten que a unión de asociacións, como de foros e tódolos colectivos, así como persoas independentes que poidan adherirse á devandita manifestación, fará que os nosos amigos de Ribadavia teñan un maior apoio e unha demostración de unidade popular, imprescindible para que a súa loita sexa máis efectiva.

Desde a nosa plataforma de veciños O Cruceiro de Meá, invitamos en nome de deles a todos e a todas a acudir a Ribadavia o sábado 15 de setembro ás 18:30.

Agradecervos de antemán a vosa participación.

O POBO UNIDO XAMAIS SERÁ VENCIDO.

Arquivado en Movimento cívico | Comentarios desactivados en Viaxe a Ribadavia en solidariedade co foro social «Temos dereito a saber»

Os comentarios están pechados.