Día 33: Marcha cidadá a Mugardos

24 de Agosto do 2007 publicado por ocruceirodemea

Marcha cidadá a Mugardos

Preto de 800 persoas xuntáronse na marcha camiñando que partiu do peirao de Ferrol ás 16:00 horas e concluíu frente ao Concello de Mugardos darredor das 20:15 horas, onde se atopan pechados os veciños dende fai xa 33 días. Diante do concello coreáronse berros como “A ría é nosa e non de Reganosa”, “Planta de gas fora da ría”, “Reganosa, ilegal e perigosa”…

Unha vez rematada a marcha a presidenta da Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá, Luz Marina Torrente, dedicou unhas palabras de agradecimento e ánimo aos participantes que, en todo momento de xeito ordeado e pacífico, realizaron a marcha a pe.

Mañá sábado 25 de agosto está previsto que unha representación dos veciños pechados no concello de Mugardos de desplacen ata A Fonsagrada para facer patente diante do Presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, o seu rexeitamento á construcción da planta de gas de Reganosa no interior da ría de Ferrol.O autobús sairá do concello de Mugardos arredor das 9:00 horas do sábado.

O luns día 27 de agosto actuará na praza do concello de Mugardos Faltriqueira, de Pontedeume, ás 19:30 horas.

O martes 28 de agosto, ás 19:30 horas, realizarase un recital de poesía no que participarán Fernán Vello, Eva Veiga, Rosa Méndez e Xosé Leira.

Arquivado en Adhesións, Peche no Concello | Comentarios desactivados en Día 33: Marcha cidadá a Mugardos

Os comentarios están pechados.